jueves, 13 de febrero de 2014

ENCONTRO REDE GALEGA DE SEMENTES (BETANZOS)

A rede Galega de intercambio de sementes é un colectivo preocupado pola conservación e mellora da biodiversidade agrícola, que nace coa intención de potenciar o uso de sementes de variedades tradicionais fronte as variedades comerciais, moitas veces híbridas e incluso transxénicas, promovidas polas diferentes empresas multinacionais agroquímicas co apoio incondicional das distintas administracións.
Esta rede pretende ser unha rede autoxestionada e auto-organizada, non burocrática, totalmente horizontal, cun banco vivo de sementes que responda ás necesidades das labregas e labregos.

viernes, 20 de septiembre de 2013

Cambio de rumbo dos 3 esquios





xudías pintas, fabas de forcarei, chicharos enanos, sandías raiadas e xudías verdes

        O proxecto dos 3 esquíos naceu coa idea de recuperar as vareidades hortícolas locais. Sempre foi o noso obxectivo cultivar estas variedades autóctonas e o máis locais que fose posible.
Nun primeiro momento pensamos que o xeito máis doado e axeitado para este fin era crear unha sementeira propia que distribuise plántulas das variedades que fósemos recuperando, deste xeito introduciríamolas tanto no mercado profesional como no doméstico. Pero non todo é o que un pensa.
O xeito legal de conservar estas sementes é outro. E para seguir ca nosa prioridade local convertimos a nosa horta á producción de hortalizas.
Para esta nova experiencia podes contactar con nós en www.ecolleita.wordpress.com  ou por correo ecolleita@gmail.com.
Pero os 3esquios non desaparecen nin moito menos, estamos traballando para crear unha asociación de persoas que teñan o interese común de manter un banco de sementes vivo. Persoas que crean, coma nós, que manteñen este ben común vivo é importante tanto para a nosa saúde, ecoloxía e economía.
Unha asociación na defensa da horta e a montaña ártabras é moi importante se non queremos perder o tesouro máis grande que temos, a biocenose ca que compartimos a nosa vida e sen a cal a nosa saúde e calidade de vida veríanse mermadas.
Por esta causa e co primeiro obxectivo marcado nas sementes locais podedes mandarnos tódalas vosas suxerencias e aportacións ó correo 3esquios@gmail.com .
Un saúdo hortícola!